Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan especial de dotacións para equipamento en solo rústico.

Anuncio. Plan especial de dotacións para equipamento en solo rústico. Aprobación inicial.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 23 de abril de 2012, aprobou inicialmente o Plan especial de dotacións en solo rústico, cuxo obxectivo é a regularización e ampliación das instalacións da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), situadas no lugar da Brea, Carballo. O plan foi redactado polos arquitectos José Manuel Vilariño García e Estrella Escudero Lastra e promovido pola propia asociación Aspaber.

O que se somete a información pública, xunto co informe de sustentabilidade ambiental (ISA), durante o prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia, dándolle audiencia aos municipios límitrofes durante o mesmo prazo. Ao mesmo tempo sométese o documento de referencia a información e ás consultas previstas nel.

O expediente completo poderase consultar na Oficina Técnica Municipal das 10.00 ás 13.00 horas, para os efectos oportunos.

Carballo, 9 de maio de 2012.

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde