Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21545

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (809/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 809/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Martín García Barreira contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos Gr Carpintería 2001, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión di:

«Autos 809/2011.

Na cidade da Coruña o 8 de maio de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Martín García Barreira, que comparece representado polo letrado Sr. Espasandín Fernández, contra as empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos Gr Carpintería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza/decisión.

Que estimando a demanda interposta por Martín García Barreira contra as empresas Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos Gr Carpintería 2001, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 27.6.2011 e condénoas de maneira solidaria a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opten entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalos pola extinción da súa relación laboral coa cantidade -s.e.o.o.- de trece mil cento catro euros (13.104 €); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta e tres euros e sesenta e oito céntimos (43,68 €) diarios; deberá poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Gelucho Romar, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial