Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1171/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por dilixencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Cristóbal Martínez Pereira contra Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1171/2009, acordouse notificar a sentenza de 10.5.2012 a Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U., en ignorado paradoiro, cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 350/2012.

Autos número 1171/2009.

Na cidade da Coruña o 10 de maio de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidades, por instancia de Cristóbal Martínez Pereira, que comparece representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Julio Francisco Kars 4.4, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, ditou a seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta por Cristóbal Martínez Pereira contra a empresa Julio Francisco Kars 4.4, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil novecentos corenta e tres euros e cincuenta e sete céntimos (2.943,57 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial