Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1211/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que na dilixencia ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Sonia María Blanco Planas contra ALZA2 Soluciones Integrales, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 1211/2009, se acordou notificar a ALZA2 Soluciones Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, a sentenza ditada o 11.5.2012, que consta do encabezamento e decisión seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza 352/2012.

Autos número 1211/2011.

Na cidade da Coruña, 11 de maio de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Sonia María Blanco Planas, que comparece representada polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa ALZA2 Soluciones Integrales, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte decisión.

Que estimando a demanda interposta por Sonia María Blanco Planas contra a empresa ALZA2 Soluciones Integrales, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de catro mil cento trinta e dous euros e corenta e cinco céntimos (4.132,45 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberá acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a ALZA2 Soluciones Integrales, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial