Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21556

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1451/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que por proposta de providencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Marta Susana Fernández Parada contra Hess Iluminación y Mobiliario Urbano, S.L., Eugenio Francisco Herrera Fernández, Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de cantidade, rexistrado co n.º 1451/2009, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 11 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1451/2009, sendo demandante Marta Susana Fernández Parada, representada pola letrada Sra. Barreiro Fernández, e demandados a empresa Hess Iluminación y Mobiliario Urbano, S.L. e Eugenio Francisco Herrera Fernández, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por parte de Marta Susana Fernández Parada contra a empresa Hess Iluminación y Mobiliario Urbano, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Marta Susana Fernández Parada a cantidade de 9.480 euros que debe.

Do mesmo xeito, debo absolver e absolvo a Eugenio Francisco Herrera Fernández de cantas pretensións se dirixirán contra el en virtude do presente procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Hess Iluminación y Mobiliario Urbano, S.L. e Eugenio Francisco Herrera Fernández, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial