Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21554

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1188/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1188/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de desemprego 1188/2009, sendo demandante Juan Rodríguez Naveira, asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandados o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), coa representación da letrada do Estado Sra. Prosper Montalvo, e a empresa Construcciones Inocor, S.A., así como a administración concursal da empresa Construcciones Inocor, S.A.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Juan Rodríguez Naviera contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), e, en consecuencia, declaro que a data de efectos da prestación de desemprego recoñecida pola entidade demandada en favor de Juan Rodríguez Naviera é a do 20 de febreiro de 2009, e iso con todos os pronunciamentos e con todas as consecuencias legais inherentes a tal declaración.

Do mesmo xeito, debo absolver e absolvo a empresa Construcciones Inocor, S.A., así como a administración concursal da empresa Construcciones Inocor, S.A. de cantas pretensións se exercesen contra elas debido a este procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Construcciones Inocor, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial