Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21552

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1220/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1220/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 11 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reclamación de cantidade 1220/2009, sendo demandante Josefa Vilela Díaz, representada pola letrada Sra. Tato Fouz, e demandada a empresa Embutidos Albino, S.L. e a administración concursal da empresa Embutidos Albino, S.L., tendo comparecido o administrador concursal, Miguel Orantes Canales, así como o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Josefa Vilela Díaz contra a empresa Embutidos Albino, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Josefa Vilela Díaz a cantidade de 1.801,61 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Embutidos Albino, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial