Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (710/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 710/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Martínez Fernández-Arroyo contra a empresa Javar Comida Internacional, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 11 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 710/2010, sendo demandante Álvaro Martínez Fernández-Arroyo, asistido polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Javar Comida Internacional, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Álvaro Martínez Fernández-Arroyo contra a empresa Javar Comida Internacional, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Álvaro Martínez Fernández-Arroyo a cantidade de 3.214,88 euros, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Javar Comida Internacional, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial