Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (705/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 705/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Blanco Crespo contra o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Noroges, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 11 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 705/2010, sendo demandante María Belén Blanco Crespo, asistida polo letrado Sr. Vázquez Pérez-Coleman, e demandada a empresa Noroges, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Belén Blanco Crespo contra a empresa Noroges, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a María Belén Blanco Crespo a cantidade de 2.866,88 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Noroges, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial