Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (134/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 134/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de viuvez 134/2010, sendo demandante Juana Castro Sestayo, representada pola letrada Sra. Villafañe Berdejo, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. García Sánchez, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, coa representación do letrado Sr. Torrado Oubiña, e contra a empresa Transportes Malpi, S.L. (Manuel Gil Suárez).

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Juana Castro Sestayo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), contra a Mutua Galega de Accidentes de Traballo e contra a empresa Transportes Malpi, S.L., e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exercesen na súa contra debido a este procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Transportes Malpi, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial