Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos tramitados mediante procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, para o servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia (6 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SEXU 9-10-11-12-13-14-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17043

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: seis.

Lote 1: sede do Rexistro Civil da Coruña.

Lote 2: sede do Rexistro Civil de Ourense.

Lote 3: sede dos xulgados do mercantil e do contencioso-administrativo da Coruña (plantas 5.ª, 6.ª e 7.ª do edificio Proa, Matogrande).

Lote 4: sede do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui.

Lote 5: edificio dos xulgados de Cangas.

Lote 6: sede da Subdirección do Imelga na Coruña.

d) CPV: 79710000-4 (servizo de seguridade) e 79714000-2 (servizo de vixilancia).

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 207.931,00 € (IVE excluído), valor inicial do contrato máis posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 103.965,50 euros. Importe total: 122.679,30 euros. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 19.655,17 €; importe total: 23.193,10 €.

Lote 2: importe neto: 19.655,17 €; importe total: 23.193,10 €.

Lote 3: importe neto: 25.862,07 €; importe total: 30.517,24 €.

Lote 4: importe neto: 12.931,03 €; importe total: 15.258,62 €.

Lote 5: importe neto: 12.931,03 €; importe total: 15.258,62 €.

Lote 6: importe neto: 12.931,03 €; importe total: 15.258,62 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de marzo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 11 de maio de 2012.

c) Contratistas:

Lote 1 e 2: Alcor Seguridad.

Lote 3, 4, 5 e 6: Vigilancia Integrada.

d) Importe de adxudicación.

Importe neto: 90.297,00 euros. Importe total: 106.550,45 euros. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 17.000,00 €; importe total: 20.060,00 €.

Lote 2: importe neto: 16.500,00 €; importe total: 19.470,00 €.

Lote 3: importe neto: 22.718,80 €; importe total: 26.808,18 €.

Lote 4: importe neto: 11.359,40 €; importe total: 13.404,09 €.

Lote 5: importe neto: 11.359,40 €; importe total: 13.404,09 €.

Lote 6: importe neto: 11.359,40 €; importe total: 13.404,09 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza