Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21539

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Monforte, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos de supervisor/a de unidade.

Por Resolución do 12 de decembro de 2011 (DOG n.º 16, do 24 de xaneiro) foron convocados para á súa provisión, polo sistema de concurso de méritos dous postos vacantes, un posto de supervisor/a da unidade de planta de especialidades e un posto de supervisor/a da unidade de planta de maternidade e paritorio.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da comisión de avaliación, e á vista dos méritos alegados polos aspirantes que constan nas actas da devandita comisión.

Esta dirección xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar os postos de traballo convocados ás aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. As profesionais nomeadas deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, asdscrición ou destino provisional ou comisión de servizos. No caso de que a praza desempeñada e o posto adxudicado coincidan na mesma localidade ou servizo, o prazo posesorio será obrigatoriamente no primeiro día hábil seguinte ao cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo director xerente do hospital.

Entenderase que solicita a excendencia voluntaria por interese particular e será declarada nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. As aspirantes nomeadas obterán un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Monforte de Lemos, 15 de maio de 2012.

Benigno Pérez Martínez
Director xerente do Hospital Comarcal de Monforte

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a da unidade de planta de especialidades.

Nome e apelidos: María Teresa Pérez Rodríguez.

DNI: 34260713-M.

Posto de traballo: supervisor/a da unidade de planta de maternidade e paritorio.

Nome e apelidos: María Jesús Coutado Santomé.

DNI: 34258368-Y.