Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21537

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria Novoa Santos de Ourense, para cubrir por persoal diplomado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria Novoa Santos de Ourense, mediante Resolución do 23 de febreiro de 2012 da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, publicada no DOG do 9 de abril; á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes ao posto, esta directora, en exercicio de competencia delegada no artigo 5.j), da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumplimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar o posto a solicitante que se indica no anexo desta resolución.

A adxudicataria deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 11 de maio de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

1. Posto de traballo: coordinador/a de SAP Novoa Santos de Ourense.

Nome e apelidos: María Gloria Vázquez Orozco.

DNI: 34924897-H.