Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete á información pública o proxecto de execución do parque eólico de Cernego-OU/11, o seu estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e de inclusión no réxime especial do dito parque eólico, que se desenvolverá no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) (expediente IN661A 2011/04-3 A.T.).

1. Alcance da información pública, lexislación.

Sométese á información pública a solicitude de autorización administrativa, de declaración de utilidade pública, de aprobación do proxecto de execución, así como de recoñecemento do réxime especial de produción eléctrica, e de trámites do proxecto sectorial e do estudo de impacto ambiental do parque eólico de Cernego-OU/11.

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; o Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial; Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; o Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo), o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Características básicas do proxecto.

• Peticionario: AV Cernego, S.L.U.; r/ Faraday n.º 1-2.º dta. 15890 Santiago de Compostela.

• Situación: concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

O parque eólico de Cernego-OU/11 sitúase dentro da área de desenvolvemento eólico II-4-3, denominada Cernego, incluída dentro do Plan sectorial eólico de Galicia, e a súa poligonal, en coordenadas UTM, é a seguinte:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

A

659.000

4.702.000

B

663.000

4.702.000

C

663.000

4.707.000

D

659.000

4.705.702,70

Datos técnicos:

• O parque eólico estará formado por 7 aeroxeradores Vestas V-112, de 3 MW de potencia unitaria, para unha potencia total de 21 MW, equipados con turbina, multiplicador e xerador eléctrico, situados no alto dunha torre de aceiro de 94 m de altura de buxa, cimentada sobre zapata de formigón armado, cun diámetro de rotor de 112 m.

• Torre de medicións meteorolóxicas, en perfís angulares de aceiro, de 97 m de altura.

• Interconexión dos aeroxeradores con 2 circuítos eléctricos subterráneos independentes entre si, condutor R.H.Z.1 1×240/1×95 mm2 , segundo o caso, a 30 kV, enlazados coa subestación de transformación proxectada.

• Subestación 132/30 kV, instalada en intemperie na parte de 132 kV, dotada dunha posición de liña e outra de transformación, con trafo de potencia de 30/25 MVA ONAN/ONAF r/t:132 ±2,5 ±5 %/30 kV e transformador para servizos auxiliares de 100 kVA r/t: 30.000/420 V, coas súas correspondentes celas de protección e medida, da que partirá a liña de interconexión co sistema eléctrico xeral.

• C.T. que se vai instalar no interior de cada aeroxerador, de tipo seco encapsulado, de 3.350 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,65/30 kV, coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección.

• Sistemas de control, regulación e de terras.

3. Urxente ocupación. O peticionario, ao abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados –os cales se describen na relación adxunta– e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudo ambiental. O estudo ambiental pode ser examinado nas dependencias seguintes: xefaturas territoriais de Ourense das Consellerías de Economía e Industria, e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e nos concellos afectados.

5. Proxecto sectorial. Ten por obxecto realizar a ordenación do territorio do parque eólico, o cal se acomoda ao Plan sectorial eólico de Galicia, aprobado definitivamente como de incidencia supramunipal polo Consello da Xunta de Galicia do 1.10.1997 (DOG do 15 de novembro), e á súa modificación aprobada polo dito órgano o 5.12.2002 (DOG do 3 de xaneiro de 2003), quedando o planeamento dos concellos afectados vinculado a esta norma.

6. Alegacións. Os interesados e os seus representantes poden examinar o expediente nas oficinas desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez n.º 1-3.º de Ourense, tamén nos organismos citados nos puntos 4 e 5 no que respecta ao estudo ambiental e ao proxecto sectorial, respectivamente, e presentar, de ser o caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ao Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 18 de abril de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Vilamartín de Valdeorras

missing image file
missing image file
missing image file