Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e estudo ambiental das instalacións referidas ao Parque Eólico Chan do Eixo (concellos da Cañiza e Covelo, provincia de Pontevedra) (expediente IN661A 2011/6-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo, no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, sobre autorización de instalacións eléctricas, sométense a información pública, por solicitude da empresa Parque Eólico Chan do Eixo, S.L., as instalacións que a seguir se describen:

Título: Parque Eólico Chan do Eixo.

Solicitante: Parque Eólico Chan do Eixo, S.L.

Domicilio social: estrada PO-533, km 171, 1, Álceme, 36530 Rodeiro.

Municipios afectados: A Cañiza e Covelo.

Superficie afectada: 354,5 ha.

Localización (coordenadas UTM):

Coordenadas da poligonal:

X

Y

557.700

4.682.000

559.000

4.682.000

559.000

4.680.000

557.000

4.680.000

557.000

4.680.700

As coordenadas dos aeroxeradores son:

X

Y

558.573

4.681.407

558.584

4.681.071

558.492

4.680.745

558.314

4.680.456

Características técnicas do parque eólico:

• 4 aeroxeradores cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

• Potencia total instalada: 12 MW.

• Produción neta anual estimada: 30.117 MWh/ano.

• Orzamento total: 14.514.480 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

• 4 transformadores de 3.350 kVA instalados no interior do aeroxerador, cunha relación de transformación de 0,65/20 kV.

• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes a 20 kV.

• Subestación transformadora equipada con transformador de 11/15 MVA, relación de transformación 220/20 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

Obxecto da información pública:

• Estudo ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

• Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo, que se insire con esta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas nesta xefatura territorial, sita na avenida Fernández Ladreda, n.º 43, Pontevedra (36003), no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e nos concellos da Cañiza e Covelo.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderase examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concellos da Cañiza e Covelo, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poden presentarse ante ela cantas alegacións se consideren necesarias dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Finalizado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puider realizar.

Pontevedra, 9 de maio de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados. Parque Eólico Chan do Eixo

N.º parc.

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Enderezo

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Vía/parroquia

Concello

CP

Provincia

Concello

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Sub.

Vía

Gabia

Vía + gabia

Prot. eólica

Oc. temp.

1

CMVMC de Godóns. Presidente: Darío Carballo Domínguez.

Genaro de la Fuente n.º 17, 3.º B

Vigo

36205

Pontevedra

Covelo

34

248

Mialle

Mato

1.076

7.646

4.967

7.719

1.145

11.174

29.271

98.572

29.117

2

CMVMC de Petán. Presidente: José Antonio Castiñeiras Paz.

Aldeíña, Petán

A Cañiza

36884

Pontevedra

A Cañiza

1

614

Abelenda

Mato

 

74

 

1.043

 

 

411

14.122

1.577

3

A Cañiza

3

1

Villariño

Mato

 

 

 

2.073

 

 

 

 

2.697

4

Concello da Cañiza.

Oriente, 11

A Cañiza

36880

Pontevedra

A Cañiza

1

9002

Vía de com.

 

 

 

 

 

36

 

 

20

Afeccións a permisos de investigación e concesións mineiras

N.º

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Área afectada

Titular

Enderezo

Datos catastrais

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume
de voo

Outras afeccións

Concello

Pol.

Parc.

Lugar

Cim.

Plat.

Sub.

Vía

Gabia

Vía + gabia

Prot. eólica

Oc. temp.

1

Sierra de Pites n.º 2579

Ingemarga, S.A.

Estrada Campamento Militar de Parga s/n, 27305 Guitiriz, Lugo

A Cañiza

1

614

Abelenda

1.076

7.720

4.967

10.412

1.145

11.210

29.682

112.694

36.635

A Cañiza

1

9002

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Cañiza

3

1

Vilariño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Covelo

34

248

Mialle