Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1183/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1183/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sarai Oldan Teixeira, Amelia Dans Villaverde, contra a empresa Manuel González Cancela, a herdanza xacente de Manuel González Cancela, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo admitir e admito as demandas que en materia de cantidade foron interpostas por Sarai Oldan Teixeira e Amelia Dans Villaverde contra a empresa Manuel González Cancela e contra a herdanza xacente de Manuel González Cancela e, en consecuencia, debo condenar e condeno as demandadas a que lle aboen a cada unha das demandantes as seguintes cantidades:

– A Sarai Oldan Teixeira a cantidade de 3.125,64 euros.

– A Amelia Dans Villaverde a cantidade de 2.524,18 euros.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario, a herdanza xacente de Manuel González Cancela, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial