Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (419/2011).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 419/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Dopacio López contra a empresa Talleres Unimar, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Carlos Dopacio López contra a empresa Talleres Unimar, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 15.438,56 euros máis os xuros de mora.

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado do social, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

Lugo, 14 de maio de 2012.

O secretario