Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21392

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1314/2011).

N.º de autos: procedimiento ordinario 1314/2011.

Demandantes: Juan Ramón Fila Sánchez, José Ángel Rodríguez Villamarín, Jesús Vázquez Sánchez, Iván Manuel Presedo Sánchez, José Candal Gómez.

Avogado: Julio Portela Torron (…).

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Maquinaria Heildelberg Ocasión, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1314/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Fila Sánchez, José Ángel Rodríguez Villamarín, Jesús Vázquez Sánchez, Iván Manuel Presedo Sánchez, José Candal Gómez contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Maquinaria Heildelberg Ocasión, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando integramente a demanda interposta por José Ángel Rodríguez Villamarín, Juan Ramón Fila Sánchez, Iván Manuel Presedo Sánchez, José Candal Gómez e Jesús Vázquez Sánchez, debo condenar e condeno a empresa Maquinaria Heildelberg Ocasión, S.L. a que lle aboe aos demandantes as seguintes cantidades, máis o 10% de xuro por mora:

– A José Ángel Rodríguez Villamarín: 4.384,50 €.

– A Juan Ramón Fila Sánchez: 4.384,50 €.

– A Iván Manuel Presedo Sánchez: 4.413,60 €.

– A José Candal Gómez: 3.432,60 €.

– A Jesús Vázquez Sánchez: 4.368,21 €.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario, a empresa Maquinaria Heildelberg Ocasión, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial