Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1147/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Rubén Pernas Vilariño contra Tabellarius, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1147/2009, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Autos número 1147/2009.

Na Coruña, 10 de maio de 2012.

Lara María Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidade, por instancia de Rubén Pernas Vilariño, que comparece representado polo letrado Sr. Mariñas Castro, contra a empresa Tabellarius, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, ditou a seguinte

Sentenza.

Que estimando a demanda interposta por Rubén Pernas Vilariño contra a empresa Tabellarius, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de cinco mil novecentos un euros e dez céntimos (5.901,10 euros), incrementada co xuro de mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Tabellarius, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de maio de 2012.

A secretaria xudicial