Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1210/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1210/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Raquel Leis García contra a empresa Da Costa Ramos Honorio Vinagre Diogo André, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que estimando a demanda formulada por Raquel Leis García, con DNI 54129012-F contra a empresa Da Costa Ramos Honorio Vinagre Diogo André, debo declarar e declaro que o cesamento da demandante do 18.10.2011 é constitutivo de despedimento improcedente, e condeno a demandada a estar e pasar por tal declaración, e a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 517,69 euros; ademais, calquera que sexa o sentido da opción, a demandada terá que aboarlle á demandante, unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente sentenza, ou ata que encontrase outro emprego. De non optar expresamente enténdese que o fan pola readmisión.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Da Costa Ramos Honorio Vinagre Diogo André, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

O secretario xudicial