Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21464

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de asemblea xeral ordinaria da Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia ou a Caixa) acordou convocar os conselleiros xerais á asemblea xeral ordinaria que terá lugar nas instalacións de EXPOCoruña, sitas en Juana Capdevielle, 2, 15008 A Coruña, ás 17.00 horas, o día 20 de xuño de 2012, en primeira convocatoria, ou, no mesmo lugar, unha hora despois, en segunda convocatoria, conforme a seguinte:

Orde do día:

1. Confección da listaxe de asistentes e constitución da asemblea xeral. Apertura do acto por parte da presidencia.

2. Informe da Comisión de Control.

3. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais e informe de xestión, tanto da Caixa como do seu grupo consolidado, así como da proposta de aplicación do resultado, todo o cal correspondente ao exercicio económico 2011, así como da xestión do seu Consello de Administración.

4. Informe anual de remuneracións do Consello de Administración e Comisión de Control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, da xestión e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 2011, dos orzamentos da obra social para o exercicio 2012, e da creación, modificación ou liquidación, se é o caso, de obras sociais. Delegación no Consello de Administración para a modificación do orzamento da obra social.

6. Delegación de facultades para a formalización e execución dos acordos.

7. Lectura e aprobación da acta.

Sen prexuízo da remisión da documentación que resulte legalmente exixible, os conselleiros xerais poderán examinar e consultar na sede social (rúa Nova, 30, 6.º andar, A Coruña) e na sede institucional (avda. García Barbón, 1 e 3, 9.º andar, Vigo) a documentación relativa aos puntos da orde do día da asemblea xeral.

Vigo, 31 de maio de 2012.

Mauro Varela Pérez
Copresidente