Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21461

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

ANUNCIO do 30 de maio de 2012 de concurso, por procedemento aberto, para a adquisición dunha centrífuga refrixerada de chan para bolsas de sangue desta fundación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da Fundación.

c) Número de expediente: AB-FCT1-12-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dunha centrífuga refrixerada de chan, para bolsas de sangue da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Lugar de entrega: os indicados no seu momento pola dirección do centro.

c) Prazo de execución: tres meses desde a sinatura do contrato.

d) Duración do contrato: sete meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 54.766,00 euros (IVE non incluído).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

b) Domicilio: avda. Monte da Condesa s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Teléfono: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do último día da presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. En caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas:

a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (sala de xuntas).

b) Dirección: avda. Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do centro.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Páxina web onde obter información relativa a convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012.

María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia