Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21466

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A. - XESGALICIA

ANUNCIO de contratación de servizos de auditoría para os exercicios 2012, 2013 e 2014 para Xesgalicia SXECR, S.A. e a sociedade de capital risco e os fondos de capital risco por ela xestionados.

1. Órgano de contratación: Xesgalicia, SXECR, S.A.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servizos de auditoría de contas para Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital-Riesgo, S.A., os seus fondos de capital risco (Emprende, F.C.R., Adiante 2000, F.C.R., Xes-Impulsa Ferrol 10, F.C.R., Semente 2007, F.C.R., Xes-Innova, F.C.R., Fondo Tecnológico I2C, F.C.R. e Xes-Posibilita 10, F.C.R.) e Sodiga Galicia, S.C.R., S.A., para os exercicios sociais 2012, 2013 e 2014.

3. Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 123.000 euros máis IVE: ano 2012: 41.000 euros máis IVE, ano 2013: 41.000 euros máis IVE, e ano 2014: 41.000 euros máis IVE. Importe total máximo do imposto sobre o valor engadido que deba soportar Xesgalicia: 22.140 euros.

5. Revisión de prezos: non procede a revisión de prezos salvo que se produzan variacións no número de fondos ou sociedades obxecto de auditoría.

6. Duración: 3 anos prorrogables por 3 anualidades máis. Máximo 6 anos.

7. Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 dos pregos de contratación.

8. Lugar e prazo de presentación das ofertas. As proposicións presentaranse na sede de Xesgalicia, sita no complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 981 54 16 21 e fax 981 58 06 58. O prazo de presentación de ofertas será de quince días desde o día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

9. Mesa de contratación: si.

10. Criterios de valoración: multiplicidade de criterios: proposta técnica, ata 45 puntos sobre 100, proposta económica, ata 55 puntos sobre 100.

11. Fianzas: non se exixen.

12. Lugar e apertura das ofertas: Xesgalicia, complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 981 54 16 21 e Fax 981 58 06 58. A data e a hora será o décimo día hábil contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 13.00 horas.

13. Información e obtención de pregos: Xesgalicia, complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 981 54 16 21 e Fax 981 58 06 58 ou páxina web http//www.contratosdegalicia.es

14. Acceso ao perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012.

Belén Bálgoma Magdalena
Secretaria do Consello de Administración de Xesgalicia, SXECR, S.A.