Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que nos autos rexistrados co número 1086/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:
«Sentenza.
A Coruña, 9 de maio de 2012.
Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1086/2009, sendo demandante Fernando Bello Rodrígues, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandada a empresa Pinturas y Reformas Nur, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).
Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Fernando Bello Rodrígues contra Pinturas y Reformas Nur, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Fernando Bello Rodrígues a cantidade de 1.954,13 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.
Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.
Notifíquese a presente sentenza ás partes.
Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.
Así o pronuncio, mando e asino.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.»
E para que sirva de notificación a Pinturas y Reformas Nur, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 14 de maio de 2012.
O secretario xudicial