Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (47/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 47/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 47/2010, sendo demandante Silvia María Mañana Capelán, asistida pola letrada Sra. Lago Pérez, e demandada a empresa Couceiro Ebanistería, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Silvia María Mañana Capelán contra a empresa Couceiro Ebanistería, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Silvia María Mañana Capelán a cantidade de 5.704,70 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Couceiro Ebanistería, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial