Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1062/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1062/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Chico Bedoya contra María Teresa Beiro Mayo, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza de data 1.3.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que admito integramente a demanda interposta por Óscar Chico Bedoya fronte a María Teresa Beiro Mayo e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade total de 10.754,58 euros en concepto de salarios percibidos desde o 12.10.2008 ata o 25.6.2009, así como o 10% de xuro de mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Teresa Beiro Mayo, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

A secretaria xudicial