Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación do servizo de transporte e manutención en ruta para os participantes nos campionatos de España en idade escolar, convocados polo Consello Superior de Deportes, durante o curso 2011-2012.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaria Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17056

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de transporte e manutención en ruta para os participantes nos campionatos de España en idade escolar, convocados polo Consello Superior de Deportes, durante o curso 2011-2012.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia n.º 244, do 23 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: cincuenta e cinco mil cincocentos cincuenta e cinco euros con cincuenta e cinco céntimos (55.555,55 €), ao que se lle engaden catro mil cuatrocentos corenta e catro euros con corenta e catro céntimos (4.444,44 €) en concepto de IVA (18%), do que resulta un total de cincuenta e nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (59.999,99 €).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de marzo de 2012.

b) Contratista: Viajes Deza, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e tres mil novecentos oitenta e un euros con corenta e oito céntimos (43.981,48 €) ao que se lle engaden tres mil cincocentos dezaoito euros con cincuenta e dous céntimos (3.518,52 €) en concepto de IVE, do que resulta un total de corenta e sete mil cincocentos euros (47.500,00 €).

e) Data de formalización: 9 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte