Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada da prestación dos servizos postais e telegráficos da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio n.º 1-2.º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica e administrativa: 981 54 42 58-981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es, manuel.perez.gonzalez@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17475

Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SESE 11-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de comunicacións postais e telegráficas da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de entrega: o servizo prestarase nos lugares indicados no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, durante vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 64112000-4 e 64113000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 33.804.997,32 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 16.097.617,77 €.

IVE (18%): 2.897.571,20 €.

Importe total: 18.995.188,97 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de licitación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas terá que constituírse unha garantía do 10% do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo R, subgrupo 9, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 19 de xuño de 2012, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do complexo administrativo San Caetano.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contado desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 1-2.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, o 29 de xuño de 2012, ás 12.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza