Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 21 de maio de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 16 de decembro de 2011, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-197/11, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutora do expediente a M.ª Carmen Ramallal Molina. Os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co artigo 13.1.d) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, a resolución do presente procedemento por infracción leve corresponde á titular da Xefatura de Servizo de Turismo da Coruña, segundo o disposto no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

A resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 84.1 da Lei 14/20008, do 3 de decembro.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme co establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante a instrutora do expediente, para a súa incorporación, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

ANEXO

Expediente: AC-197/11.

Denunciada: M.ª del Carmen Mateu Leis.

NIF: 44196831P.

Establecemento: pub Taxi

Enderezo: rúa Principal, 117.

Localidade: Boiro.

Precepto infrinxido: artigo 69.a) 5.º da Lei 14/2008.

Resolución: 16 de decembro de 2011.

Sanción: multa de setenta e cinco euros (75 €).

A Coruña, 21 de maio de 2012.

M.ª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña