Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica o levantamento da paralización da tramitación do procedemento e a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2006/0048-0.

Unha vez intentada a notificación ao titular da empresa que se indica a seguir no enderezo coñecido por esta dirección xeral e ao non ser posible a súa práctica, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, o levantamento da paralización da tramitación do procedemento en cumprimento do disposto no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e que se inicia o prazo de dez días, a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente previo á resolución nesta Dirección Xeral de Relacións Laborais, todo isto segundo o establecido no artigo 84.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: 2006/0048-0.

Acta de infracción: 262/2006/3/H.

Empresa: Proinreza, S.L.

Enderezo: avda. Rosalía de Castro, 198. Perillo. 15171 Oleiros (A Coruña).

Proposta de sanción: 30.052,62 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción do 7.8.2006.

– Alegacións da empresa.

– Acordo de paralización e de levantamento de paralización.

– Sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Ourense do 14.7.2010.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais