Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20841

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (170/2009).

No procedemento concurso 170/2009, sección sexta-cualificación, concursada Delio, S.L., ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decisión que estimando parcialmente as demandas de cualificación presentadas pola Administración concursal e o Ministerio Fiscal na presente sección sexta do concurso ordinario 170/2009, en que é concursada Delio, S.L.U.

Declaro culpable o concurso por concorrencia da causa prevista no artigo 164.2.5.º (saída fraudulenta de bens ou dereitos do patrimonio do debedor) da Lei concursal.

Declaro persoa afectada pola cualificación a Joaquín Carlos Moreno Ruiz e condeno o afectado pola cualificación Joaquín Carlos Moreno Ruiz, á inhabilitación para administrar os bens alleos durante un período de tres anos, así como para representar ou administrar calquera persoa durante o mesmo período; á perda de calquera dereito que tivese como acredor concursal ou da masa; e a que pague aos acredores concursais o 10% do importe dos créditos non percibidos na liquidación da masa activa.

Con desestimación das demais cuestións suscitadas.

Sen pronunciamento expreso en canto a custas.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra para interpor directamente neste órgano logo da constitución de depósito por importe de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, domiciliada na entidade Banesto, no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Joaquín Carlos Moreno Ruiz, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 11 de abril de 2012.

O/A secretario/a xudicial