Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20842

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (1454/2008).

No xuízo referido ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Luis Doval Pérez, xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe, 22 de xullo de 2011, os presentes autos de xuízo ordinario número 1454/2008, seguidos neste xulgado por instancia de Banco de Galicia, representado pola procuradora Sra. Ogando Vázquez e asistido polo letrado Sr. Pampón García, contra Fausto Baltar Pérez, representado polo procurador Sr. Marquina Fernández e asistido pola letrada Sra. González Álvarez e contra Ana Cristina Méndez Arias, en situación de rebeldía procesual.

Decisión:

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Sonia Ogando, en nome e representación da entidade Banco de Galicia, S.A., contra Fausto Baltar Pérez e Ana Cristina Méndez Arias, condeno solidariamente os demandados a pagar a suma de vinte e tres mil catrocentos cincuenta e oito euros con trinta e un céntimos (23.458,31 euros), incrementados cos xuros moratorios pactados, e descontando a cantidade de 300 euros consignada en autos tras a interposición da demanda por Fausto Baltar, todo iso con expresa imposición das custas procesuais causadas.

Expídase mandamento a favor da demandante polas cantidades consignadas en autos».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto no artigo 497 da LAC, por medio do presente notifícaselle a Ana Cristina Méndez Arias a sentenza número 176/2011, ditada no procedemento de referencia.

Ourense, 17 de abril de 2012.

O secretario xudicial