Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20839

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3095/2011 MRA).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 3095/2011 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 445/2009 do Xulgado do Social n.º 1 de Ourense.

Recorrente: Ahitosa, S.L.

Avogado: José Antonio Pérez Fernández.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Miguel Vázquez Borrajo, Inspección de Traballo, Víctor Adalbert Fabro Salomon, Celso Rodríguez Vázquez, Alejandro Carballo Diéguez, Carlos Montero López, Rubén José Salgado Castro, José Antonio Ledo García, Marcos González Vázquez, Diego Salgado Castro, Adalberto Sandoval Fermín, José Luis Sosa Álvarez, Arlindo Teixeira Baia, Iván González Ramos, Juan Manuel Barros Pérez, José Daniel Quispe Mendoza, Javier González Vázquez, José Nabor Gómez Alonso, Héctor González Sánchez, Alberto López Filardi, José Lorenzo Silva, Arturo Feijoo Otero, Antonio Gómez López, José Antonio Barandela Fernández, José Luis Casado Nieto, Julián Torres Martínez, José Manuel Perera Barandela, Joaquín Moreiras Carou, Breogán Prado Novoa, José Luis Carnero Atanes, Óscar Abad Outomuro, Marcos Rivero Acebedo, Alexander Valentín Sánchez

Avogados: letrado da Seguridade Social, (…), avogado do Estado (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 3095/2011 desta sección, seguido por instancia da Inspección de Traballo contra a empresa Haitosa, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Miguel Vázquez Borrajo, Víctor Adalbert Fabro Salomon, Celso Rodríguez Vázquez, Alejandro Carballo Diéguez, Carlos Montero López, Rubén José Salgado Castro, José Antonio Ledo García, Marcos González Vázquez, Diego Salgado Castro, Adalberto Sandoval Fermín, José Luis Sosa Álvarez, Arlindo Teixeira Baia, Iván González Ramos, Juan Manuel Barros Pérez, José Daniel Quispe Mendoza, Javier González Vázquez, José Nabor Gómez Alonso, Héctor González Sánchez, Alberto López Filardi, José Lorenzo Silva, Arturo Feijoo Otero, Antonio Gómez López, José Antonio Barandela Fernández, José Luis Casado Nieto, Julián Torres Martínez, José Manuel Perera Barandela, Joaquín Moreiras Carou, Breogán Prado Novoa, José Luis Carnero Atanes, Óscar Abad Outomuro, Marcos Rivero Acebedo, Alexander Valentín Sánchez, sobre outros dereitos laborais, ditouse a seguinte resolución:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Ahitosa, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ourense, do 24 de xuño de 2010, en autos númeor 445/2009, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto, co número 1552, e deberase indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicarase no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a José Daniel Quispe Mendoza, expido e asino o presente edicto na Coruña, 9 de maio de 2012.

A secretaria xudicial