Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20836

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5576/2011-S).

Secretaría: Sra. Barrio Calle - S.

Tipo e n.º de recurso:recurso de suplicación 5576/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 74/2011 do Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Avogado: Alberto Fresco González.

Procuradora: Carmen Belo González.

Recorrente: Rosa María Copa García.

Avogado: Matías Movilla García.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorridos: Atlas Servicios Empresariales, S.L., Adecco TT,S.A.

Avogado: Luis Carreras García.

Recorrido: Severiano Gestión, S.L.

Avogado: Abel López Carballeda.

Recorrido: Vexter Outsourcing, S.A.

Avogado: Vicente Fernández Victoria.

Recorrido: Eulen, S.A.

Avogado: Carlos Enrique Rodríguez Martínez.

Recorrido: Seresco, S.A., c/Pedrayes, 23, 33005 Oviedo.

Recorrido: Manpower Team ETT SAU, r/ Marquesa n.º 5, local 6, baixo, 36002 Pontevedra.

Recorrido: Progem ETT S.L.

Recorrido: Ministerio Fiscal.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 5576/2011-S desta sección, seguido por instancia de Rosa María Copa García contra Atlas Servicios Empresariales, S.L., Adecco TT, S.A., Severiano Gestión, S.L., Vexter Outsourcing, S.A., Eulen, S.A., Seresco, S.A., Manpower Team ETT SAU, Progem ETT, S.L. e Ministerio Fiscal, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que desestimamos os recursos de suplicación formulados polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a demandante Rosa María Copa García contra a sentenza ditada o 15.7.2011 polo Xulgado do Social número 5 de Vigo en autos número 74-2011 sobre despedimento, cesión ilegal e tutela de dereitos seguidos por instancia da citada demandante contra o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Severiano Gestión, S.L., Alta Gestión ETT (grupo Adecco), Atlas Servicios Empresariales, S.A., Progem Manpower Team ETT, S.A., Vexter Outsourcing, S.A., Seresco, S.L, Eulen, S.A., Ministerio Fiscal e Fogasa e a demandante Rosa María Copa, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Progem ETT, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo, avda. Camelias, n.º 50, baixo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial