Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20834

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se convocan á realización do primeiro exercicio as persoas aspirantes admitidas, pola quenda de acceso libre, ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de xornalista, do grupo I, convocado por Resolución do 22 de setembro de 2011.

Por Resolución reitoral do 22 de setembro de 2011 (DOG do 10 de outubro e BOE do 31 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de xornalista, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 31 de xaneiro de 2012 (DOG do 14 de febreiro), apróbase a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e convócanse as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do primeiro exercicio.

Á vista do acordo do tribunal que dá por concluído o proceso selectivo pola quenda de promoción interna sen que ningunha persoa aspirante o superase, tal como establece o punto 1.2 da convocatoria das probas selectivas, acumúlanse as vacantes ofertadas por esta quenda á de acceso libre.

En consecuencia, e de acordo co disposto no punto terceiro da Resolución reitoral do 31 de xaneiro de 2012, o reitor

Resolve:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da primeira fase o día 7 de xullo de 2012, ás 11.00 horas, na aula A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (avda. do Burgo s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela