Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20832

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 1 de marzo de 2012 (BOE do 12 de marzo), e presentada polos interesados a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 87 dos estatutos desta universidade e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polos interesados, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

N.º concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2312/12

David

Miranda Barrós

34890795W

Profesor titular de universidade

Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Enxeñaría Agroforestal

Lugo

C01730

2313/12

Manuel Francisco

Marey Pérez

76573477Z

Profesor titular de universidade

Proxectos de Enxeñaría

Enxeñaría Agroforestal

Lugo

C01728

2314/12

María Elena

López Lago

33286928V

Profesor titular de universidade

Óptica

Física Aplicada

Santiago de Compostela

C01731