Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece a escola Aldebarán como escola de navegación de lecer (Enal).

Antecedentes.

A escola Aldebarán solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (Enal).

Consideracións legais e técnicas.

1. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 164, do 25 de agosto).

2. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer a escola Aldebarán como escola de navegación de lecer (Enal) e, segundo o artigo 7 da citada orde, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer desta Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro de:

José Leopoldo Sequeiro Mallo, con DNI 32595186-T, con sede das instalacións no P.I. Vilar do Colo, r/ Astano, parcela K1/1, Fene 15500 A Coruña, e coa denominación comercial Aldebarán, inscrita co número XGEN043.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, o seguimento, o control e a inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución, e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola inscrita está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, así como a substitución do instrutor ou o cambio da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e ser anulada a súa inscrición no rexistro, por non renovar o recoñecemento, polo incumprimento das súas obrigas ou polo cesamento da actividade por máis de tres anos. A resolución será publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro