Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2011/591-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2011/591-1.

Acta inf. n.º: I152011000136794.

Empresa: Centro de Compras Mercantil Chino, S.L.

NIF: B15951809.

Enderezo: rolda de Outeiro, 274 baixo, 15010 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas de seguridade e saúde no centro de traballo).

Normativa infrinxida: Real decreto 486/1997, do 14 de abril, e Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 2.3.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Centro de Compras Mercantil Chino, S.L., unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 9 de maio de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña