Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dun servizo non suxeito a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o desenvolvemento de accións orientadas á mellora da empregabilidade e á promoción das profesionais galegas, potenciando o liderado feminino no ámbito profesional Programa Executiva (expediente 2012.09.FC.A).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 01 13. Fax: 981 54 01 18.

Enderezo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: realización dun servizo para o desenvolvemento de accións orientadas á mellora da empregabilidade e á promoción das profesionais galegas, potenciando o liderado feminino no ámbito profesional Programa Executiva.

3. Execución do contrato: o prazo de execución será de seis meses desde a sinatura do contrato.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Orzamento base de licitación: 164.000,00 € máis 29.520,00 € (en concepto de IVE) o que suma un total de 193.520,00 €.

7. Valor estimado do contrato: 164.000,00 €.

8. Garantías exixidas: definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3 do PCAP.

10. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas sitas nos edificios administrativos de San Lázaro ou San Caetano, Consellería de Traballo e Benestar, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no punto 5.2 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no edifico administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela no décimo día natural, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselle aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

12. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar