Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados (Asgoca).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación onde se reflicte o acordo acadado pola Xunta Directiva na reunión que tivo lugar o 10 de abril de 2012, na cal se recolle a modificación do domicilio social, que pasa a ser na r/ Gramela n.º 17, entresollado 2-4. A Coruña.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais