Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de maio de 2012 pola que se notifica a resolución da imposición dunha cuarta multa coercitiva derivada do expediente 107 B 2004/14-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu domicilio descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 27 de marzo de 2012, resolución pola que se lle impón a Adriva Collection, S.L. unha cuarta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2004/14-0, que fora incoado polas obras consistentes na execución de edificación con tipoloxía industrial, no lugar de Belvís, parroquia de Numide, no concello de Tordoia, provincia da Coruña.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución á citada interesada, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un simple acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.º, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística