Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para o apoio na intervención, control e seguimento en materia de verteduras de augas residuais no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública empresarial Augas de Galicia, ente público adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: SV.11003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao dito perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: apoio na intervención, control e seguimento en materia de verteduras de augas residuais no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71313000-5.

d) Data e medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial da Unión Europea número S235, do 7 de decembro de 2011; Boletín Oficial del Estado número 297, do 10 de decembro de 2011; e Diario Oficial de Galicia número 236, do 13 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.668.518,04 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 834.259,02 euros. Importe total: 984.425,64 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de abril de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 4 de maio de 2012.

c) Contratista: Vertidos Galicia Costa, UTE (constituída polas empresas Visible, S.L. & Adantia, S.L.).

d) Importe o canon de adxudicación. Importe neto: 744.500 euros. Importe total: 878.510 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos del sector público.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG n.º 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia