Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de maio de 2012 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 23 de abril de 2012, ditou resolución mediante a que se apercibe a Hipólito Diego Camiña da execución forzosa da Resolución do 16 de febreiro de 2005, ditada no expediente número SIL/68/2012 (P-UL-72.03/12), pola que se lle ordenou devolver os terreos ao estado anterior á execución das obras de construción dunha vivenda dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non se poder realizar a notificación persoal, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpor recurso ningún.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística