Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20368

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

EDICTO polo que se somete a información pública o estudo individualizado do núcleo rural de Farnadeiros.

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o estudo individualizado do núcleo rural de Outeiro, parroquia de Farnadeiros sométese ao público durante un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, con fin de que se presenten as alegacións que procedan.

O Corgo, 30 de abril de 2012.

José Antonio Ferreiro González
Alcalde