Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Frades

ANUNCIO polo que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal por acordo do Pleno do 3 de abril actual, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por espazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais ou na páxina web do concello (www.concellodefrades.es) para que formulen as alegacións que consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas en todos aqueles casos en que cambie o tipo de solo. A suspensión será como máximo de dous anos.

Frades, 9 de abril de 2012.

Jesús Miguel Prado Patiño
Alcalde