Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20370

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de detalle do expediente de planeamento urbanístico 2011011817.

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria do 12 de abril de 2012, adoptou entre outros o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

1.º Desestimar integramente a alegación presentada por Enrique Fortes Formoso e M.ª Remedios Formoso Romasanta, de conformidade co informe xurídico do 7 de marzo de 2012 do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, que se trasladará aos interesados para os efectos de motivación. E

2.º Aprobar definitivamente o estudo de detalle do ámbito 13 (AR 27-E) da ordenación provisional, redactado de oficio polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística.

Réxime de recursos: este acto pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se notifique, conforme o establecido nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local, 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Non obstante, poderá interpoñer calquera outro recurso que considere oportuno.

Todo isto en aplicación do artigo 52 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, artigo 194 e concordantes do Real decreto 2568/1996, do 28 de novembro; 58, 59, 107, 109 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

O 25 de abril de 2012 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas.

Ourense, 27 de abril de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde presidente