Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para ampliación do cemiterio parroquial de Santiago de Arteixo.

Na Sección de Licenzas da Área de Urbanismo do Concello de Arteixo estase a tramitar o expediente 13/2011 AIA, de concesión de licenza de apertura.

Actividade: ampliación do cemiterio parroquial de Santiago de Arteixo.

Situación: rúa do Cemiterio, s/n, Arteixo.

Solicitante: Arcebispado de Santiago de Compostela.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, e o Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria, sométese o expediente a información pública durante un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación do presente anuncio, para os efectos de reclamacións.

Arteixo, 10 de maio de 2012.

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo