Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2011/245-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Concello de Cabanas.

Enderezo social: Rúa do Concello, 15621 Cabanas.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. para subministración en M.T. para estación de bombeo n.º 2.

Situación: Lousido, Cabanas.

Características técnicas: liña media tensión soterrada con inicio en posición de liña do novo C.T. Carballo de Abaixo, concello de Cabanas (expediente IN407 2011/244) e remate no novo C.T. bombeo de Lousido R.Y.H.Z.1 12/20 kV 20L 3×(1×150 mm2) Al, entubaxe, 686 m. Centro de transformación para bombeo de residuais Lousido en caseta prefabricada de formigón 20/0.42-0.24 kV, aceite, 250 kVA.

Cumplidos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquer outro recurso que se estime pertinente a dereito.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña