Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 48/11 seguido a Francisco José Rodríguez Abeleira.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícaselle ao denunciado a notificación da resolución do expediente sancionador ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña porque, intentada a notificación, non se poido efectuar. Esta resolución na súa parte dispositiva di: «Sancionar a Francisco José Rodríguez Abeleira, coa multa de 500 (cincocentos) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta resolución».

O interesado dispón do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para poder interpoñer recurso de alzada, contra esta resolución, perante o conselleiro de Economía e Industria, ben ante esta xefatura territorial ou directamente ante o competente para resolvelo, segundo o establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de maio de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Denunciado: Francisco José Rodríguez Abeleira.

Enderezo coñecido: r/ Vila de Noia, n.º 70-2.º C, 15100 Carballo.

Infracción: Lei de industria do 16 de xullo de 1992, artigos 22 e 23.