Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de maio de 2012, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra expedientes sancionadores iniciados en materia de transportes terrestres e devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00169-I-2009 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes que se citan no anexo, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infración cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

DX-00169-I-2009

LE-8042-AD

Axente de inspección DX/003

Preisberk de Construcciones, S.L.

B15427768

Lg. Uxes, s/n, 15142 Arteixo (A Coruña)

Exceso de peso superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de máis de 20 t.

27.10.2009; 15.06.51; N-VI; 585,0

Art. 141.4 LOTT Art. 197 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT Art.201 ROTT

1.721

Desestimado

LU-00571-O-2010

7520FGC

Garda Civil

2701 R10457X

Rent Hellin, S.L.

B02417863

Francos Rodríguez, s/n, 02400 Hellín (Albacete)

Non conter o contrato de arrendamento os datos exixibles pola normativa.

11.3.2010; 17.48.00; A6; 455,0

Art. 141.19 LOTT Art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT Art. 201 ROTT

1.001

Desestimado

LU-00819-O-2010

SG3832H

Garda Civil

2701 R16189Y

R. Otsemra, S.L.

B15797624

San Marcos, s/n, 15318 Abegondo (A Coruña)

Non pasar a revisión periódica do tacógrafo ou non ter realizada a primeira calibraxe do tacógrafo dixital despois de transcorrer máis de 2 semanas tras a instalación ou tras a matriculación se esta é posterior.

12.4.2010; 13.00.36; LU-11; 3,0

Art. 141.5 LOTT Art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT Art. 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado

LU-01261-O-2010

2690-DFS

Garda Civil

2701 C30220X

Grupo J.C.A. Hormigones, S.A.

A36851962

Nicaragua, 17-baixo, 36203 Vigo (Pontevedra)

A falta de datos obrigatorios na documentación en que deben materializarse os contratos de transporte de mercadorías asinados con transportistas ou operadores.

9.8.2010; 17.01.00; N-540; 24,000

Art. 141.19 LOTT Art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT Art. 201.1.e) ROTT

1.001

Desestimado

OU-00047-O-2010

8618-GBG

Garda Civil

3203 V46236Y

Transteam Iberica Tte. y Logíst. Europea, S.L.

B20673133

Praza Euskadi, 2, local 14, 20305 Irún (Guipúzcoa)

Inadecuado funcionamento do limitador de velocidade imputable ao transportista.

9.12.2009; 17.19.00; A-52; 181,0

Art. 141.5 LOTT Art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT Art. 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado

PO-00819-I-2010

PO-1550-BF

Axente de inspección PO/006

Piema, S.L.

B36158707

Louredo Pombal, s/n, 36415 Mos (Pontevedra)

A realización de transporte privado en vehículo pesado, carecendo de autorización sempre que esta se tivese solicitado, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu otorgamento, no prazo máximo de 15 días, contados desde a notificación do inicio do expediente sancionador (*)(**)

Non pasar a revisión periódica do tacógrafo ou non ter realizada a primeira calibraxe do tacógrafo dixital despois de transcorrer máis de 2 semanas tras a instalación ou tras a matriculación se esta é posterior.

23.6.2010; 9.30.00; PO510; 0,0

Art. 142.8 LOTT Art. 199.8 ROTT Art. 141.5 en relación 142.25 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT Art. 201.1.b) ROTT Art. 143.1.f) LOTT Art. 201.1.f) ROTT

502

Desestimado

PO-00865-O-2010

0337-DYT

Garda Civil

3601 Y76740V

Emilio Hernández, S.A.

A03347978

Avda. de Orihuela, 64, 03000 Almoradí (Alicante/Alacant)

Incumprimento por parte do condutor da obriga de realizar por si mesmo determinadas entradas manuais ou anotacións no aparello de control de tempos de condución e descanso ou nas follas de rexistro.

15.6.2010; 11.30.00; AP-9; 119

Art. 141.8 LOTT Art. 198.8 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT Art. 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado

XC-00350-O-2010

S-7868-AM

Garda Civil

1504 A35144Y

Santiago Campo Torre

20189851-Z

Padre Rabago, 8, 39008 Santander (Cantabria)

Exceso na condución ininterrompida ata o 20% do tempo máximo autorizado sen observar as pausas regulamentarias.

17.1.2010; 18.20.00; N-634; 679,0

Art. 142.3 LOTT Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.1.c) ROTT

301

Desestimado